Manuel de Lis Varela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1882 Cutián, España |
Morte | 1970 (87/88 anos) Viascón, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor |
Manuel de Lis Varela, nado en Cutián (Concello de Cotobade) o 6 de agosto de 1882 e finado en Viascón en 1970, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Los foros en Galicia que foi editada en Pontevedra en 1912. Foi secretario xudicial de Quiroga (1922),[1] A Fonsagrada (1926),[2] Valencia de Don Juan, Guía (Canarias) (1928),[3] Valencia de Don Juan (León) (1930),[4] Briviesca (Burgos), interino de Padrón (1938),[5] Mondoñedo (1939),[6] Pontevedra (1948),[7] e Ourense (1952), onde se xubilou.
Obras
[editar | editar a fonte]- Los foros en Galicia, 1912.[8]
- Cutián ao lonxe, 2018.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Primo de Severino Barros de Lis. Casou en Viascón con Elsira Peña Rey, irmá de Manuel Peña Rey, en 1914.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 16-12-1922, p. 3.
- ↑ El Regional, 22-1-1926, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-9-1928, p. 3.
- ↑ El Progreso, 7-3-1930, p. 3,
- ↑ El Ideal Gallego, 26-10-1938, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 11-1-1939, p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 22-9-1948, p. 1.
- ↑ Los foros en Galicia
- ↑ La Correspondencia Gallega, 24-6-1914, p. 3.